Como tódolos anos, este sábado en Tui, véspera de San Xoan, estarán os voluntarios de SOS Tomiño, en colaboración coa floristería Las Flores de Rita, recollendo alimentos a cambio de unha selección de herbas de San Xoán apañadas segundo marca a tradición.

Voluntari@s e personal da floristería recorrerán, ben cedo pola mañanciña, nos camiños e montes dos arredores en busca das herbas «máxicas» de San Xoán (antes de que saia o Sol).

Para que ninguén se quede sen o seu ramallete de herbas de San Xoán aconsellamos que reserven as súas herbas no seguinte teléfono 986 60 42 94.

O sábado 23, haberá un posto aberto desde as 10:00 ata as 21:00 horas, en horario ininterrumpido, para atender o troco das herbas por alimentos na rúa Ourense , nº 8.

Calquera aportación de alimentos (non perecedeiros) será ben acollida, pero preferiblemente necesitan abastecerse de leite. Quedamos moi agradecidos de que difundan esta acción solidaria con gallo da noite de San Xoán.