Acho and Friends

O cuarteto musical Acho and Friends actúa este xoves, a partires das 20:30 horas, na Praza do Reló da Guarda. Unha actuación na que interpretarán obras de compositores representativos da literatura musical coma Cott Joplin, Bizet, Gershwin entre outros, englobando estilos tan variados como o exótico jazz, o nacionalismo ou o popular tango.

O Cuarteto de clarinetes ACHO & FRIENDS está formado por José Luís Relova Gallego ao Clarinete 1º; Meritxell Coloma Cutillas ao Clarinete 2º ; Sara Pumar Lomba ao Clarinete 3º e Cintia Lomba Lomba ao Clarinete Baixo.

O cuarteto Acho & Friends está formado por alumnos de clarinete do Conservatorio Superior de Aragón e Karina Gurska (Madrid). Iniciaron a súa carreira como grupo no proxecto de Musethica e realizaron o seu primeiro debut como grupo de cámara na universidade de Zaragoza no congreso de Inmunoloxía 2017.

Recentemente teñen participado no curso de clarinete realizado polo prestixioso cuarteto Roots 4 clarinets. Os compoñentes do grupo, que pertencen a distintas zonas da xeografía española, decidiron formar un grupo para consolidar a súa amizade.

Repertorio:

  • Aragonaise – G. Bizet
  • Rhapsody in blue – G. Gershwin
  • Tico-Tico – Zequinha de Abreu
  • Moon River – Henry Mancini
  • The entertainer – Scott Joplin
  • Por una cabeza – C. Gardel