Este próximo martes, día 16, as 20:00 horas no Torreiro de Priegue, Esquerda Unida de Nigrán presentará a candidatura coa que se presenta ás próximas eleccións municipais. Así mesmo no acto realizarase unha breve exposición das liñas xerais do programa electoral, centrado nas persoas e baseado na resolución dos principais problemas da veciñanza mediante a adopción de medidas realizábeis desde o concello.
A candidatura completa, na que participan 10 independentes, está formada maioritariamente por persoas que xa formaron parte das candidaturas de Nigrán Decide.
Candidatura completa de Esquerda Unida Nigrán
- José Cuevas Raposo, Ex-Voceiro do grupo municipal de Nigrán Decide.
- Betty Mireya León Fong, de Priegue, Catedrática de Física Aplicada da UVIGO, xubilada e activista social, impulsora da Plataforma Solidaria Didáctica do Val Miñor para dar apoio escolar durante a pandemia.
- José Manuel Figueroa Fajo, de Camos e obreiro da automoción.
- Patricia Gómez Costas, de Chandebrito, traballadora no sector do ensino e implicada no movemento veciñal de Chandebrito e na integración de persoas discapacitadas (independente).
- Ricardo Gil Valcarcel, de A Ramallosa, xubilado e Activista Cultural (independente).
- Mercedes Cabreira Figueroa, de Panxón, traballadora de Servizos Sociais (independente).
- Anxo Mosquera Nogueira, de Nigrán. Mecánico maior naval. Ex- concelleiro de Nigrán Decide.
- María Comesaña Valverde, de Chandebrito (independente).
- Borja David Hermida Pérez, de Priegue (independente).
- Rosa María Vila Collazo, de Camos. Xubilada.
- Jacobo Gallego Guisande, de Nigrán.
- María Rosa Lores Gallego, de Nigrán (independente).
- Antonio Valverde Valtierra, de Panxón (independente).
- Ana Bonet Solé.
- Francisco Travieso Ladra, de A Ramallosa.
- Concha Nogueira Miguel, de Nigrán.
- Jesús Rodríguez González, de Priegue (independente).
- José Luis Outes Ruso, de Priegue.
- Gustavo Bodelón Velasco, de Panxón (independente).
