Este sábado, 25 de febreiro, o BNG celebra un Acto Público de presentación de Pedro Pereira como candidato á alcaldía do Porriño para as vindeiras eleccións municipais.
Terá lugar ás 12:00 horas en San Bieito, en caso de choiva celebrarase no Bar Liceum.
Intervirán:
- César Lourido, membro do Consello local do BNG.
- Pedro Pereira, candidato á alcaldía.
- Contarase tamén coa presenza da Portavoz Nacional, Ana Pontón. «Xunto a ela arrancamos con forza o camiño para liderar un goberno de esquerda nas locais 2023».