O BNG de Tui organiza mañá, martes 12 de outubro ás 20:30 horas, un acto para explicar con detalle as causas da subida do prezo do recibo da luz. Nese mesmo acto, exporanse as alternativas que presenta o BNG contra esta «estafa das eléctricas».
O acto terá lugar Hotel Colón e contará coa presenza da Deputada no Parlamento Galego e responsable de política enerxética, Noa Presas. Tamén intervirán os concelleiros do BNG de Tui: Xose Martínez “Tato” e a portavoz municipal, Carme Núñez.
Dende o BNG convidan á cidadanía tudense a participar e a formular as dúbidas que se presenten.