Manuela Rodriguez Pumar

Dentro do calendario de actos da campaña electoral das municipais nas parroquias de Gondomar, o BNG celebrará este domingo 21 de maio ás sete da tarde o seu acto central na Vila.

Será no Auditorio Municipal Lois Tobío e nel participarán os candidatos Aurora Fontán, Eduardo García e David Rivas, a deputada no Parlamento Galego, Montse Prado, e a candidata á Alcaldía, Manuela Rodríguez.

Dende o BNG de Gondomar convidan á veciñanza a se achegar a este acto en que, baixo o lema Gondomar merece máis!, farán exposición das principais propostas do seu proxecto de goberno para Gondomar, do seu compromiso coa veciñanza: un goberno BNG para un Gondomar con futuro.