A Ruta Artes e Oficios 2019 continúa este xoves (18 de xullo) cunha visita guiada pola Adega do Vimbio, con saída ás 20.30 horas. Trátase dunha actividade, de balde, que ten coma fin promocionar o patromonio de Tomiño. Explicarase todo o proceso para a elaboración do viño e rematarase cunha cata-degustación.

Adega do Vimbio é unha adega pequena, nutrida das uvas que proceden de tres fincas que suman 2,5 hectáreas, dirixida por Martín Crusat e Patricia Elola, biólogo e licenciada en medio ambiente, respectivamente. A actividade continuará no mes de agosto con: Viveiros Nilo (8/8) e Félix, obrador de bombos (22/8).

Asemade, Magín Picallo (escultor) e Pilar Alonso (pintora), son dous recoñecidos artistas que completarán a Ruta Artes e Oficios 2019 con obradoiros de iniciación dentro do programa “Creando con”. No Caso de Picallo será un taller gratuito de iniciación ao modelado (29 de xullo ao 2 de agosto), e no de Pilar Alonso, pintora viguesa afincada en Tomiño, un curso de iniciación ao debuxo botánico sobre plantas que se dan na beira do Miño ao seu paso pola vila, cun custe de 35 euros. En ambos os dous casos é necesario apuntarse a través da web.

Por outra banda, continúa aberta no Mercado Municipal (1º andar) a Exposición Rutas e Oficios 2019, na que se explica cada actividade en detalle. A ruta comezou o pasado xoves con grande éxito de participación, cunha visita ao Pazo Valdomiño.

Pazo Valdomiño