BNG

O BNG vén de presentar alegacións ao proxecto de segregación do Campo de Fínola do Plan Especial (PERI) 5, aprobado por PSOE-PP, que de ir adiante, «implicaría a perda de 12.000 m² de solo público para A Guarda».

«A segregación acordada por PSOE-PP reduce os 15.000 m2 posibeis de solo público que se lograrían desenvolvendo o Plan especial 5 a menos de 3.000 m2, eliminando así 12.000 m2 destinados a infraestruturas, zonas de aparcamento e zonas verdes», sinalan os nacionalistas.

O portavoz do BNG Anxo Baz manifestou “só intereses moi escuros poden estar detrás deste acordo vergoñento. PP e PSOE deben dar marcha atrás e renunciar a espoliar 12.000 m² de solo público ao pobo da Guarda que lle pertence por lei”.

A alegación presentada polo BNG está fundamentada na Lei do Solo de Galicia que no seu artigo 129 «marca o aproveitamento do espazo público ao que da lugar o desenvolvemento dun Plan Especial como é o PERI 5».