Alfonso Mandado

Este mércores 19 de xuño ás 20:00 horas no local do IEM terá lugar o segundo dos faladoiros “Deportistas e Deporte do Val De Miñor, Perfís e Visións” organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

O protagonista será Alfonso Mandado Vázquez, expresidente da Federación Española de Rugby e doutor enxeñeiro industrial. O acto será presentado por Urbano Fernández Amorín, profesor especialista en EF e socio do IEM.