CEDIDA

A Comunidade de Montes en Man Común de Camposancos realiza unhas xornadas de concienciación para nenos de todos os colexios de A Guarda.

Esta iniciativa, que xa leva catro anos en funcionamento, pretende involucrar e concienciar os escolares no amor o monte plantando novos árbores frondosas e eliminando as especies invasoras no Monte Trega.

Este mércores foi a primeira xornada do ano. Foron 50 alumnos de primaria do colexio «San José-HH Carmelitas» da Guarda tutelados por catro profesoras os que plantaron as árbores.