Hoxe o CPI Arquitecto Palacios deu o pistoletazo de saída ás festas do Entroido. Dentro do seu proxecto anual «Cultura que Conta» establecéronse os disfraces para o desfile que tivo lugar polas rúas de Panxón, xunto co Centro de Educación Infantil de Dunas.

Os castrexos encabezaban o desfile acompañados dunha carroza con un castro, seguía a comparsa dos romanos, a carroza do arco Visigótico cos alumnos disfrazados dos pobos xermánicos, peregrinos, un barco vikingo, xograres e trobadores, nobreza medieval, os irmandiños, emigrantes… Toda a historia de Galicia reflectida en cada unha das comparsas.

Todo rematou coa degustación de sobremesas elaboradas polas familias e a queima do Meco (aínda que foi indultado). ¡Unha perfecta forma de entrar nestes días de troula!.