Anxo Baz

O sábado 18 de marzo ás 19:00 horas da tarde na Praza do Reloxo celebrarase o acto de presentación da candidatura do BNG ás próximas eleccións municipais. En caso de choiva trasládase ao Recreo Artístico Guardés.

O Candidato á Alcaldía, Anxo Baz, estará acompañado pola Portavoz Nacional do BNG Ana Pontón. No acto tamén participarán Bea Lomba e Rodrigo Pacheco números dous e tres respectivamente da candidatura.

Anxo Baz declarou que, “estou enormemente satisfeito polo gran equipo que conformamos. Un equipo con gran capacidade, formado por persoas de varias xeracións, unidas pola ilusión de sacar A Guarda do estancamento que padece e por un enorme compromiso con esta Terra”.

Os nacionalistas convidan a todos os guardeses a asistir a este acto no que se dará a coñecer a candidatura completa do BNG ás próximas eleccións municipais.