Ponte da Cava da Velha

O club Andatui informa que o sábado 21 de marzo realizará unha saída ao Parque Nacional Peneda – Gerês, nesta ocasión ao Castro Laboreiro para facer o trilho Castrejo, unha ruta entre brandas e inverneiras.

A ruta será duns 20 quilómetros, na que se percorrerá os camiños da transhumancia dos antigos pastores castrexos. Comezarase visitando os restos do Castelo-Fortaleza, para despois coller camiño as brandas e as inverneiras. Tamén se visitará a capela da Senhora de Anamão e se cruzará por varias pontes medievais, como as de Varziela, Cava da Velha ou a da Assureira.

Tamén se pasará polo Bico do Patelo (formación pétrea onde se poderá «imaxinar a un pato ou a unha aguia» divisando o val) e, xa no tramo final, se subirá pola carballeira de Barreiro e pola lagoa de Gontamil para rematar en Castro Laboreiro, onde se verá a igrexa de Santa María da Visitação e o Pelourinho.

Só hai de 40 prazas a un prezo de 10 euros por participante. Xa está na páxina de Andatui toda a información e o formulario de inscrición.