O Partido Popular da Guarda lamenta que un dos maiores problemas do concello sexa a falta de solo industrial que permita unha ampliación de negocio ás empresas que xa establecidas no municipio ou que outros empresarios de diversos sectores productivos poidan instalar a súa na Guarda e contribuír desta maneira á creación de novos postos de traballo e a reactivar o sector económico.

Esta debería ser unha das principais preocupacións do alcalde, pero vemos que non lle interesa en absoluto crear emprego e mentres A Guarda morre sen solo industrial o alcalde está de brazos cruzados”, explica a voceira do PP.

Sabemos de empresas que preguntaron polo solo industrial dispoñible para establecer unha empresa na Guarda e non tiveron resposta e tamén coñecemos empresas que estaban ubicadas na Guarda e agora se trasladaron a outros concellos veciños. Unha situación moi triste que tería fácil solución se o Goberno local tivera iniciativa propia”, sinala a voceira do PP, Conchi Ortega.

É por todo isto que os populares presentarán unha moción no próximo pleno no que se propoñen solución urxentes e que se poderían executar a curto prazo, “antes de que máis empresas marchen do concello” afirman. Conchi Ortega cree que “a solución desexable pasaría por ter un Novo Plan Xeral actualizado, pero desde maio de 2015 Consultora Galega informou do seu desexo de abandonar este traballo, e posteriormente rescinde o contrato”.

A voceira popular explica que “unha solución parcial ao problema e de acordo co plan vixente desde 1993 sería que o Goberno local retomase as conversas cos propietarios do solo urbanizable número 6 para chegar a un acordo entre as partes e que se asegure que os usos do novo polígono sexan os suficientes para dar cabida a todo tipo de naves ligadas á actividade industrial e posibilitadas no Plan Xeral vixente”.

Segundo explica Ortega, “propoñen ademais que os servizos de urbanismo do Concello de a Guarda redacten o plan parcial para a ordenación detallada do solo urbanizable nº 6, ou que divida o polígono previamente noutros co límite inferior legal de 3 Ha para facilitar a súa viabilidade, para posteriormente desenvolver os seus respectivos plans parciais, e os leven despois a pleno para a súa tramitación urbanística e segundo as leis vixentes”.