Abel Losada y Antonio Lomba en rueda de prensa

Neste 2.019 cumplense 10 anos de goberno de Alberto Nuñez Feijóo, polo que Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Abel Losada, parlamentario autonómico socialista, fixeron balance desta decada respostando as preguntas dos medios de comunicación achegados a sede socialista guardesa.

Segundo os socilistas, “entre as moitas promesas feitas pola Xunta que nunca chegaron, Antonio Lomba sinalou como principais prioridades o remate da Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda e unha nova Escola Infantil Municipal“.

A poucos meses do final da lexislatura, Lomba remarcou respecto a VAC, os anos de espera para rematar a conexión con Goian. “Tardamos moito en desbloquear o compromiso de que se retomaran as actuacións dende Tui, pero logo observamos como as previstas para 2018 (a conexión en Areas) non se executaron e así seguimos.”

O rexidor agradeceu o traballo destes anos do grupo parlamentario en Santiago e animou a seguir buscando este compromiso para a comarca. “Esperamos que cumplan o prometido en 2.019 e deixar de ser unha vila illada de servizos básicos esenciais como o noso hospital de referencia ou a universidade.

Abel Losada tamén salientou a situación de abandono da comarca en cuanto a inversións directas autonómicas. “Sen ninguna dúbida o Baixo Miño é unha das comarcas máis esquecidas pola Xunta de Galicia en canto a obras directas malia precisalas como no caso do vial”.

O parlamentario criticou a falta de criterios obxectivos na asignación dos proxectos. “Fora dos investimentos xerais, que lles corresponden per se, poden contarse cos dedos as infraestructuras directas da comarca, e sempre con claros criterios partidistas sen atender as demandas históricas dos concellos”.

Antonio Lomba resaltou tamén como prioridade a construcción dunha nova Escola Infantil na vila. “É unha necesidade moi grande. O ratio de prazas por habitante da nosa vila, entre 17 e 20 prazas por cada 100 nacementos nos últimos anos, esta moi por debaixo da media recomendada pola Unión Europea, que está en 35%. Foi a Consellería, baixo a xestión do anterior Conselleiro os que se comprometeron a axudarnos a financiala polo que estamos a espera de que a nova Conselleira nos reciba e que o proxecto, que xa presentamos, continue avanzando”.

As beirarrúas da circunvalación do monte, o auditorio, o polígono industrial compartido co Rosal, o acceso sur para o porto ou a dotación de servizos no Trega, son outras das demandas tratadas que están enriba da mesa das distintas consellerías da Xunta de Galicia esperando a vontade política de executalas.