Este venres, ás 20:00 horas terá lugar na sala de exposicións municipal, no edificio Francisco Sánchez, a presentación do libro “A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego”, de Anxel Cardín.
A presentación do acto correrá a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela. Ademais, intervirá o investigador sociolóxico, Luís Cuntín, que presentará ao autor, e o propio escritor, Anxel Cardín.
Esta publicación ofrece unha panorámica pola evolución dos idiomas peninsulares ameazados e os problemas para a súa normalización, ollando coa lupa e de preto a do idioma galego.
