«Deporte Escolas» é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.
Formalización da inscrición
A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.
Para a presentación da inscrición, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, por exemplo ORAL.
Prazo de presentación de solicitudes
Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:
- o prazo: do 16 ao 30 de setembro de 2019.
- o prazo: do 4 de novembro de 2019 ao 13 de xaneiro de 2020.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina web Deporte Escolas.
Modalidades Deporte Escolas na Guarda
- Baloncesto – no IES A Sangriña – os mércores de 16:00 a 18:00 horas.
- Patinaxe – no Pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde.
Luns, de 17:00 a 18:00 horas (nados no 2009 ao 2014).
Luns, de 18:00 a 19:00 horas (nados no 2003 ao 2008).
- Atletismo – No Pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde – os venres de 16:30 a 18:00 horas.
Máis información na OMIX do Concello da Guarda no 986 610 000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es.
