Esta pasada fin de semana Caldelas de Tui acolleu as II Galimpiadas, que reuniron a 14 equipos para ser os mellores. Dez probas os separaban do ansiado título; dardos, tute, tenis de mesa, billar, corda, carreira de sacos, esquís de terra, futbolín e pulso.

A xornada comezou ás 16.30 horas co desfile inaugural, no que os deportistas percorreron as rúas do barrio de Caldelas coa llama galímpica, e así agradecer o apoio de tódolos veciños.

A partires das 19.00 horas comezaron os torneos disputándose o torneo de dardos no Bar A Capela, billar no Chiringo Os Choróns, e os torneos de tute e tenis de mesa no local da Comunidade de Montes.

Tras rematar cos deportes, os participantes e público asistente puideron gozar duns pinchos para recuperar forzas e disporse a deleitar da música en directo do cantante guardés Roberto Caco.

O sábado, en sesión matinal, o deporte desplazouse á ribeira de Caldelas, onde os veciños animaban musicalmente os deportistas que ían a disputar as probas máis físicas do calendario: tiro de corda, esquís de terra e carreira de sacos.

Pola tarde retomáronse as probas, mirando un pouco ó ceo pendentes da situación meteorolóxica, quen regalou unhas cantas gotiñas para refrescar a xente, pero Santa Clara púxose do lado dos galímpicos.

A Capela acolleu o torneo de futbolín mentres no Chiringo Os Choróns disputábase simultaneamente o torneo de ra.

Ó remate destas probas, chegou a derradeira, a proba raíña, que celebrouse no local da Comunidade de Montes: o torneo de pulso.

Acto seguido, procedeuse ó sorteo dos agasallos que os patrocinadores das Galimpiadas aportaron para colaborar co evento, e despois de repartir alegría e moitas risas, a esperada entrega de trofeos.