A Guarda acolle este sábado, a partires das 19:00 horas, as tradicionais Carreiras Populares das Festas do Monte, un evento deportivo organizado dende Atletismo Trega en colaboración coa Comisión de Festas e o Concello da Guarda.

As Carreiras Populares das Festas do Monte congregan a centos de corredores e deportistas de varias categorías de competición en función das datas de nacemento e en distancias, que van dende os 100m para a categoría de pulgas, ata os 7.339m para os máis maiores, que consistirá nunha volta ao Monte Santa Trega.

As inscricións están abertas ata o xoves 1 de agosto ás 23:59 horas a través da web LipTime sendo posible ampliar máis información contactando no mail trega@trega.es ou inscricion.trega@gmail.com.