As concelleiras responsables de Servizos Sociais dos Concellos de Baiona e Nigrán, Concepción Vara e Bibiana Peixoto respectivamente, mantiveron esta semana unha reunión para comparar a situación de ambos concellos a nivel das súas competencias e así poder programar e realizar programas xuntos.
Nesta reunión, a hora de expor os temas, decatáronse de que os servicios que os usuarios reclaman e as necesidades na súa área son semellantes para ambos municipios.
Ademais de comprobar que as necesidades e os servizos son semellantes, coordinaron diferentes accións conxuntas para dar resposta as problemáticas reais considerando as mesmas de carácter urxente.
Outro dos obxectivos acadados nesta reunión é a celebración periódica de dita cita onde esperan que se poda sumar a elas a Concelleira homóloga en Gondomar Nuria Lameiro, a cal non poido asistir a dita reunión por problemas de axenda.