As pandereteiras Tremelique do Rosal gañadoras do II Festival Interritmos en Rianxo
As pandereteiras con premio

As Pandereteiras Tremelique do Rosal participaron este sábado no II Festival Interritmos realizado en Rianxo, as cales resultaron gañadoras coa interpretación de “Jota e Muiñeira de Caroi”.

De dito festival saen cinco gañadores-finalistas que teñen como premio a gravación dun single e dun videoclip. Deses cinco finalistas son seleccionados dous grupos polo Concurso Cultivando Música. O premio deste festival é poder participar no Festival da Luz, que se realizará en setembro en Boimorto.

Pois nada mellor que despertar cun soño cumplido ! O que vivimos onte foi do máis emocionante…poder participar con grupos de diferentes zonas da xeografía galega no II Festival Interritmos celebrado en Rianxo…e todos co mesmo obxectivo: recompilar e transmitir parte da riqueza musical de da nosa Galicia. O quedar gañadoras-finalistas danos a oportunidade de gravar un single e un videoclip…e deunos posiblidade de participación no Concurso Cultivando Música no que xunto co grupo Suevia saimos gañadoras….polo que ningún premio podía ser mellor que poder estar este mes de setembro en Boimorto no Festival da Luz”, indicaron dende a banda rosaleira.