Pandereteiras Tremelique
Pandereteiras Tremelique

As Pandereteiras Tremelique do Rosal foron seleccionadas como un dos oito grupos finalistas do Festival Sarmiento Folk_ Rock, que se celebrará os vindeiros 27 e 28 de abril en La Seca, Valladolid.

O grupo rosaleiro é a única representación galega neste festival, pero para conseguir chegar a final, as Pandereteiras Tremelique precisan do teu voto.

Para poder votar e que o grupo rosaleiro chegue a final, só é preciso premer no seguinte enlace «Vota aquí». O prazo abriuse hoxe e rematará o vindeiro venres día 8.