As prazas de abastos de Baiona volven a converterse un ano máis na referencia para a mellor alimentación e produtos de calidade coa maior garantía. Diferentes actividades contribuirán a facer das prazas non só un referente comercial, senón tamén un espazo de lecer e aprendizaxe, con numerosos agasallos coas compras do día ata o final da campaña.
Así, este venres, día 24, comezará na Praza de Baiona e o próximo luns, día 27, en Sabarís, a campaña «Quere ao teu Mercado», organizada pola Secretaría Xeral de Comercio da Xunta e o Concello de Baiona. O proxecto volve a ser unha firme aposta por apoiar á economía local e de base na que os praceiros teñen un protagonismo fundamental.
“Novamente iniciativas como esta, buscan dinamizar estes espacios acercando a cidadania para potenciar a compra de productos locais, ademáis de por en valor un bo facer de grandes profesionais, e sen dúbida o trato cercano cos clientes”, explica a concelleira de Comercio, Natalia Figueroa.
Esta campaña consistirá na realización dun Showcooking tanto na praza de Baiona, coma na praza de Sabarís, en horario de 11:30 a 12:30 horas.