No Día Mundial das Persoas con Discapacidade, distintos colectivos celebraron esta data que nos recorda que todos somos diferentes pero tamén que somos iguais, reivindicando así a riqueza da diversidade e a necesidade de destacar a inclusión social a convivencia e a integración.

O acto contou coa presenza do alcalde de Baiona, Jesús Vazquez Almuíña, a concelleira de política social Ana María Iglesias, e outros responsables da corporación municipal, o Xerente de Avelaíña, membros da Xunta Directiva, traballadores e familiares da Asociación.

Tamén participaron usuarios dos centros de Avelaíña de A Guarda e Baiona, do Centro Juan María, asociación de viúvas e alumnos do  IES Primeiro de Marzo, como unha clara aposta por traballar a inclusión dende as aulas e conseguir un cambio social real.