O vinceiro sábado, a praza do concello de Baiona acollerá ás 21:00 horas, a gala final do certame da mellor canción galega “Os Bardos”.
O concurso, organizado polo concello de Baiona, quere recoñecer a creación, a diversidade e a calidade da música feita por galegos en lingua galega.
Nesta primeria edición presentáronse un total de 17 cancións de distintos estilos musicais, sendo preseleccionadas polo xurado 10, que pasaron directamente a final de onde sairán os tres primeiros premios. Todos os concursantes defenderán a súa canción nunha gala que será presentada por Rafa Durán, actor, presentador, cómico e showman galego.
Os premios son os seguintes:
1º premio de 600 euros, máis unha actuación a caché na programación do Baiverán 2019.
2º premio de 400 euros.
3º premio de 300 euros.

