Baiona lanza o vídeo promocional da Festa da Arribada
Cartel Festa Arribada 2019

O Concello de Baiona lanza o spot promocional da Festa da Arribada 2019, cunha visión universal, agrupando a multitude de teorías sobre o descubrimento de América, cunha boa doses de ironía e retranca galega, sen menoscabo de desprezar as distintas teses ao redor do descubrimento.

Só hai unha verdade indiscutible, Baiona foi o único lugar do planeta dende onde se lanzou para o mundo a gran noticia, pois o realmente importante foi “Voltar para Contalo”.

Xunto co Spot publicitario, o Concello de Baiona da a coñecer a campaña de imaxe do 526 aniversario da Arribada, na que xa se está a traballar dende fai un mes. As datas de celebración serán o 1, 2 e 3 de marzo, sendo o venres 1, festivo local e o día escollido para conmemorar os actos protocolarios da Festa da Arribada.

Baiona lanza o vídeo promocional da Festa da Arribada

Baiona lanza o vídeo promocional da Festa da Arribada

Publiée par telemariñas sur Lundi 28 janvier 2019