Bate no Cobre

A ritmo de batucada iniciará Nigrán, o sábado ás 18:30 horas, o seu tradicional concurso de comparsas co grupo “Bate no Cobre”. Así mesmo, actuarán tamén no entroido da Guarda o vindeiro martes ás 17:30 horas.

O grupo nace no barrio de Matamá, Vigo no ano 2007, a conta de Ángel Comesaña. Ao longo de estes anos foi crecendo ate formar unha propia Asociación Musical adicada ao mundo da percusión e sobre todo enfocada á música brasileira. Este grupo se caracteriza por subir a tensión en cada evento no que participa, coma desfiles de entroido, festas temáticas, contratacións privadas e o que poida xurdir!!!

Bate no Cobre está sempre disposto a compartir moito son e boa enerxía!!! Actualmente imparte clases tanto en Vigo (Matamá) como en Nigrán (Camos), o grupo principal está composto por 25 mozos e mozas con moitísimo ritmo, ofrecen os seus propios ritmos e como non, moita samba!!!!!