A biblioteca de Nigrán ofrece o espectáculo infantil 'Carlos Casares con maxia e música'
Álvaro Muras

O Concello de Nigrán ofrece este sábado, ás 12.00 horas, na biblioteca municipal o espectáculo ‘Carlos Casares con maxia e música’, de Álvaro Muras.

Trátase dunha actividade de dinamización con música, teatro e danza dirixida a nenos e nenas de 3 a 14 anos e cunha duración de 60 minutos. Álvaro Muras fai un percorrido con guión de maxia e música, a través da vida e a obra do autor Carlos Casares, veciño de Nigrán a quen se lle adican as Letras Galegas.

Un espectáculo cun fondo musical e moita ilusión, que navega durante 60 minutos con cancións, con cordas e panos máxicos, e coa vida do tamén dinamizador cultural Carlos Casares como escenografía.

Ao mesmo tempo, ás 12:00 horas, o Auditorio Municipal acolle a inauguración da exposición ‘Carlos Casares e a fotografía’, a mostra profundiza a través de 30 imaxes nesta faceta artística relativamente descoñecida do autor, pero tan importante como relevante nalgunhas das súas obras literarias.