Archivo

Este sábado, a Asociación Cultural Taíña, en colaboración coa Comunidade de Montes de Goián, inaugura o entroido goianés cunha bicicletada popular ata as Trincadeiras, para unha plantación de 70 árbores autóctonas de forma colectiva.

A saída será ás 12:00 horas da Praza Pintor Antonio Fernández (Goián). A organización anima, “tanto aos fillos coma ás nais e pais a ir en bicicleta ou chegar directamente alí pola vosa conta. Levade os vosos bocadillos ou comida preferida para pasar un pequena xornada de convivencia onde tamén haberá xogos populares. Lembrade, hai que ir disfrazados”.