Blues do País

Este venres, ás 22:00 horas, a Praza de Avelino Vicente(As de Copas), acolle a segunda cita do Música nas Prazas 2019, coa actuación do grupo Blues do País 

Blues do País é un grupo formado por Bieitta James e Pepe King que interpretan música blues de clásicos como Sitting on the dock of the bay (Sentadiña no pantalán), I just want to make love to you (Mirarche o cu), Killing me softly (Matasme despacio) ou Mercedes Benz (Chimpín). Coa súa música amosan que é posible facer blues na lingua do país.