ALFREDO // Peaje de Vincios

O BNG de Gondomar considerá que as declaracións do Alcalde de Gondomar e Presidente actual da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, amosan unha rendición á primeira de cambio ante o Goberno do PP. Así o traslada a súa Responsábel Local, Manuela Rodríguez Pumar, ante as manifestacións do alcalde logo de se ter reunido con representantes do Goberno da Xunta.

O tempo custa cartos, Sr Ferreira, e no Val Miñor xa levamos 17 anos agardando para que nos eliminen as peaxes abusivas da denominada autoestrada do Miñor“. Esa foi a reivindicación desde o mesmo momento en que se abriu ao tráfico unha AG-57 que nunca cumpriu as funcións de comunicación entre o Val para as que supostamente fora construída, indican dende o BNG.

A única complicación que atopa o goberno da Xunta para suprimir as peaxes e para rescatar a concesión da AG-57 e que o Partido Popular ten máis compromiso cos intereses da concesionaria que coa defensa dos intereses e demandas da veciñanza do Val Miñor“, afirma Pumar.

A supresión das peaxes e a travesía de Vincios

Desde o BNG consideramos que eliminación das peaxes xunto cunha campaña de fomento do uso da AG-57 como vía alternativa, entre outras, á travesía de Vincios, permitiría a conversión desta última na vía que precisa a veciñanza da parroquia. Unha vía encadrada dentro dun núcleo de poboación no que o primeiro lugar o ocupen os peóns, as persoas, e non os vehículos“, explica a voceira nacionalista.

Así, a modificación do vial que atravesa Vincios debería estar pensada en función da mellora na calidade de vida das persoas que habitan a parroquia de Vincios e non en función do volume de tráfico actual e da actual siniestralidade desa travesía como plantexa o goberno da Xunta de Galiza. Este enfoque pon en evidencia cal é modelo de habitabilidade do PP, lonxe dos máis actuais plans de mobilidade sustentable“, finaliza Pumar.