Contenedores de basura en el puerto de A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de A Guarda considera inaceptábel a situación que se viviu na zona do porto esta fin de semana pola deficiente recollida e limpeza dos contedores de lixo.

Dende BNG sinalan que se fan eco do malestar de veciños, restaurantes e clientes que, ante a falta dunha recollida efectiva do lixo, non aguantaban cos cheiros e a visión duns contedores que non deixaban de estar repletos de lixo sen que o concello actuase para a súa recollida e limpeza.

O sábado ás 10:30 h da mañá había 30 graos e tiñamos o lixo sen recoller. Non se pode presumir de vila turística e non facer esforzos para que @s turistas se sintan cómodos”, comentou o portavoz municipal do BNG, Ángel Baz.

Dende o BNG, lembran que xa houbo un episodio parecido durante a festa do peixe espada, no que os contedores estaban sen limpar, cos xa coñecidos cheiros desagradábeis.

Por outra banda, o BNG presentou unha serie de alegacións á nova ordenanza do lixo. As alegacións nacionalista pretenden que o concello non desatenda as súas obrigas de mantemento da recollida e limpeza dos lugares onde están situados os puntos de recollida do lixo, algo que está a incumprir reiteradamente, comenta.

Coa actual ordenanza o goberno municipal ten a obriga de recoller o lixo e limpar os contedores, coa nova ordenanza elimínarase esta obriga. Iso si, incrementan o apartado de multas”, sinala o concelleiro do BNG Xan Lois Lomba.

O BNG esixe “explicacións e unha acción inmediata de limpeza e recollida de lixo sabendo as datas que se aproximan para o noso concello e estando en pleno período estival” explica Baz.