Concello de A Guarda
RUBENS // Concello de A Guarda. Praza do Reló

O BNG da Guarda, por boca do seu portavoz municipal, Anxo Baz, ven de facer público o seu máis absoluto rexeitamento as actuacións que está levando adiante o Concello na praza do Reloxo.

Segundo Baz “a improvisación e a falta de información aos veciños, ademais da ocultación aos grupos da oposición, da obra que se está realizando, mostra ás claras o verdadeiro talante do Alcalde e do grupo de Goberno do PSOE.”

Baz afirma que “todo parece indicar, que detrás desta chapuza que o Goberno municipal pretende chamar humanización, con obras illadas, sen coordinación, improvisadas e mal realizadas, está o intento do PSOE de boicotear o Plan de Mobilidade e o único que van conseguir e un caos circulatorio no Concello afectando á calidade de vida dos guardeses con serios danos para o turismo e o comercio”.

Por este motivo“, declara, “facémoslle unha vez máis un chamamento ao Alcalde para que paralice a improvisación e poña en marcha o Plan de Mobilidade para a Guarda“.