O BNG de A Guarda pide explicacións pola rehabilitación do camiño entre Cividáns e Pintán
Ángel Baz, portavoz do BNG na Guarda (arquivo)

O BNG de A Guarda considera desacertada a intervención realizada no camiño de Cividáns-Pintán realizada polo Concello da Guarda. Dita obra tivo un custo de 53.594 € dos cales preto de 10.000 foron costeados polo concello da Guarda.

O BNG afirma que “ante as queixas recibidas polo resultado das obras de rehabilitación no camiño de Cividáns-Pintán, unha delegación do BNG fixo unha visita á zona onde puido ver as irregularidades de dito camiño, terrapléns sen ningún tipo de protección, pedras en punta que son un perigo para calquera persoa que utilice o camiño, e un firme demasiado irregular para o paso de maquinaria, etc”.

Dende o BNG non somos capaces de comprender que fixo o concello con esta obra, o camiño ten tramos que son perigosos e impracticábeis, e iso que non comezaron as choivas”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG vai pedir explicacións polos criterios que se seguiron para realizar esta obra sobre todo no tramo do camiño máis antigo e que máis problemas xera polo seu acabado.