O BNG de A Guarda pide explicacións pola rehabilitación do camiño entre Cividáns e Pintán
Ángel Baz, portavoz do BNG na Guarda (arquivo)

O B.N.G. condiciona o apoio aos orzamentos para o 2.018 á posta en marcha de medidas que axuden a revitalizar o tecido comercial, que contemplen iniciativas claras dun cambio de modelo no que as persoas estean en primeiro plano.

Así, temos marxe de manobra en canto a seguridade viaria, tanto para zonas do centro do casco urbano, como a Sangriña ou as parroquias”, sinalou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

Para o BNG, “estas medidas xunto con outras, xa expostas con anterioridade dende a formación nacionalista, como un cambio na xestión do lixo con alternativas como o Plan Revitaliza ou a reversión do contrato da casa dos impostos, … potenciarían un aforro para o concello que se podería investir noutras necesidades de carácter social, turístico, etc.”

Dende o  BNG indican que “seguimos sen entender como xa case van dous meses consumidos do ano, e o Concello da Guarda non ten os orzamentos aprobados para o 2.018. Esta situación evidencia a falta de proxecto do Alcalde da Guarda e o seu grupo de goberno. Son incapaces de plasmar nuns orzamentos un proxecto de pobo para A Guarda”, comentou Ángel Baz.

O BNG deixa claro ao PSOE que se quere contar co apoio desta formación política terá que haber un cambio no proxecto de orzamentos presentado.