Dende o BNG queren informan a toda a veciñanza, particularmente aos país e nais de Oia, que o servizo de pediatría volve restabelecerse no centro de saúde «pero recortado».

«Un servizo básico que nunca deberon quítalo dende a Xunta coa escusa da pandemia, en contra dos dereitos dos usuarios/as da sanidade pública co prexuízo que ocasionou aos país e nais de Oia. A moción do BNG aprobada por unanimidade en pleno o 26 de novembro de 2020 foi o inicio dunha loita que non vai rematar ata que devolvan o 100% do servizo. No BNG temos a obriga de traballar polo benestar da cidadanía, e coa presión social seremos quen de que se cumpra o restabelecemento do servizo de pediatría ao 100% ; isto vai ser un logro de toda a veciñanza en xeral e dos pais/nais en particular«, afirman dende o partido nacionalista.

O 14 de marzo de 2020 iniciouse o estado de alarma co Real Decreto 463/2020, «automaticamente a Xunta (SERGAS) aproveita a coxuntura para seguir metendo as súas tesoiras cirúrxicas e elimina o servizo de pediatría de Oia argumentando que nesa consulta ía instalar unha sala covid, mais nós diciamos que non tiña sentido (quitar pediatría) xa que o centro de saúde de Oia é de recente construción e era factible a montaxe dunha sala específica para a atención covid sen ter que eliminar á pediatra», explican.

Dende o BNG indican que o 26 de novembro de 2020 presentaron unha moción “restabelecemento do servizo de pediatría no centro de saúde de Oia”, que foi aprobada por unanimidade. Dous meses despois no pleno do 28 de xaneiro o portavoz do nacionalista pregúntalle á alcaldesa “como estaba a situación da pediatra e se fixera algunha xestión coa consellería de sanidade, sendo a resposta desacougante contestando que non había feito nada. Moción nun caixón«, comentan e engaden que «esa mesma semana colocamos unha pancarta “Oia sen pediatra, sen saúde non hai felicidade” diante do centro de saúde e divulgámolo polas redes denunciando o desleixo da alcaldía e Sergas». «O 10 de abril demos un paso máis e anunciamos unha campaña de recollida de sinaturas aumentando a presión e a denuncia; o 23 de abril manifestámonos na Garda coa plataforma SOS sanidade pública reclamando a volta do servizo de pediatría».

«Tras a presión e acción política do BNG, acompañada das reclamacións e queixas dos afectados/as, este xoves 6 comeza (información Sergas) a consultar unha pediatra en horario de 9:00 a 12:15 horas; (este mes sería o 6, 10, 20 e 27). Para o mes seguinte segundo a información  do centro de saúde non saben como vai quedar o servizo. Dende o BNG queremos expresar que non imos aceptar ningún remendo, e moito menos non consentiremos que se tome por parvos aos pais e nais; porque pasamos de ter 8 días ao mes de consulta en horario normal a 4 días; e se lle restamos as horas a menos de consulta baixaría o total a menos de tres días«, aseguran os nacionalistas.