El temporal destruyó 200 metros de la senda litoral de A Guarda
La senda litoral de A Guarda destrozada por el mar

O BNG (Bloque Nacionalista Galego) presentou unha moción para que se arranxen os danos causados polo último temporal na vila da Guarda.

O temporal deixou serios danos materiais como a caída dunha parte do espigón do Balueiro, así como a desaparición dun tramo da Senda Litoral, tendo sido esta última infraestrutura afectada polo último temporal hai uns anos.

Dende o BNG tamén denuncian «os cortes que afectaron a milleiros de galegos, entre os cales tamén se contan os veciños da Guarda«.

Para o BNG as administracións públicas deben «inspeccionar e revisar as obrigas que deben cumprir as empresas eléctricas respecto da conservación axeitada das instalacións eléctricas, esixindo responsabilidades oportunas así como impondo un plan de mellora constante da rede eléctrica ás distribuidoras».

As diferentes administracións deben poñer todo o necesario para realizar unhas reparacións que sexan duradeiras no tempo, polo que igual hai que revisar o actual trazado da Senda Litoral e valorar un posíbel cambio, polo menos nalgúns tramos”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.