Unha finca de A Guarda estragada polo xabarín

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para a prevención, control e corrección dos efectos que provoca o xabarín na Guarda.

Para o BNG fai necesario un acordo plenario que inste á Consellería de Medio Rural a que adopte políticas que regulen un censo sostíbel do xabarín na Guarda. Piden tamén que se apliquen fórmulas encamiñadas a minimizar a acción do xabarín en zonas de alta sensibilidade como o Monte Trega ou o Esteiro do Miño.

Urxe tomar medidas que eviten accidentes de tráfico, que garantan a seguridade dos peóns ou o arrase de campos de cultivo para uso doméstico. Non é normal ver xabaríns remexendo en contedores de lixo urbanos”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG inicia, con esta moción, unha serie de iniciativas co obxectivo de esixir o control da poboación de xabaríns na Guarda.