La Casa de Los Alonsos en A Guarda
RUBENS // La Casa de Los Alonsos, en A Guarda

O próximo martes 25 ás 20:30 horas na Casa dos Alonso, o BNG realizará un acto informativo baixo o título “Un proxecto de futuro para a Guarda”, no que a formación nacionalista presentará a súa visión da Guarda dentro dun proxecto de mobilidade sustentábel no que teñen prioridade as persoas.

Dende o BNG queremos un pobo para vivir, para pasear, para facer rúa cun tecido comercial implicado na vila. Falamos dun cambio de rumbo na Guarda, dunha Guarda dinámica que sexa atractiva non só ao turismo se non aos propios veciños e veciñas e ao resto da comarca”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda.

No acto intervirán Uxío Benítez, deputado Provincial de Mobilidade e Tenente-Alcalde de Tomiño, e Ángel Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda.