Contenedores de basura en el puerto de A Guarda

O BNG volve presentar unha moción para a adhesión do concello da Guarda ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, como un novo xeito de xestionar o lixo.

Para o BNG “a xestión eficiente do lixo é un dos piares básicos para transformar A Guarda cara un concello sostíbel”. O mesmo tempo afirman que “dende a chegada do BNG á Deputación de Pontevedra este foi un dos eixos sobre os que pivota a nova forma de gobernar nos que se queren implicar aos concellos nunha xestión sustentábel e máis respectuosa co medio ambiente”.

Esperemos que despois dun ano de andadura do Plan Revitaliza, o alcalde da Guarda teña reflexionado sobre a compostaxe e aposte por este sistema de xestión ambiental. A compostaxe axudaría a rebaixar a factura do lixo con SOGAMA e, ao mesmo tempo, reducimos as emisión de gases contamiantes como o CO2 e melloramos o noso medio ambiente”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG sinala que este ano volve a haber liñas de axuda para a posta en marcha deste programa provincial, dos que se poderían beneficiar os guardeses coa adhesión a este plan.

Dende o BNG considérase unha boa oportunidade para a Guarda de poñer en marcha un programa de compostaxe como modelo de xestión que supón dun aforro para as arcas municipais dada a redución de volume de lixo que se envía a SOGAMA.