Bo debut do A Guarda Hockey Liña na Liga Galega
A Guarda Hockey Liña

Os nenos e nenas de A Guarda Hockey Liña debutaron onte domingo na Liga Galega de Hockey Liña na categoría infantil.

A pesares do grande nivel dos seus rivais os guardeses acadaron o pleno de victorias na súa visita ó pavillón Daniel Cordido de Lugo, vencendo por un cómodo 4-0 o equipo local CHL Meigas.

Xa no inicio da tarde lograron a victoria por un axustado 3-4, en esta ocasión fronte ós Trasnos de Ribadeo, nun partido moi igualado e con emoción ata o final.

Seis puntos de seis posibles e boa sintonía sobre a pista dos nenos e nenas da Guarda, que seguirán adestrando para os vindeiros compromisos.