Este pasado fin de semana estivo cheo de exitos para os xadrecistas do Val Miñor. Mireya Represa conseguiu o segundo posto no XI torneo internacional Carlos I celebrado en Sanxenxo, entre o 22 e o 30 do pasado mes de xuño e pertencente ó circuíto Gallego de xadrez.

Mireya partindo do posto 28 da clasificación inicial, conseguiu rematar na segunda posición despois de nove xornadas, perdendo tan só co gañador do torneo, o gran mestre, David Lariño, Mireya impúxose a Alfonso Romero e José Carlos Romero, nunca ata este torneo a xadrecista de Baiona conseguira gañar a grandes mestres, e neste torneo gañou por partida dobre.

Mauro Sanromán tamén rematou segundo no torneo XI Open Int. de Ajedrez Ciudad de Tres Cantos-B. Celebrado nesta localidade madrileña entre o 22 e o 30 do mes pasado. Mauro partía da posición 40 da clasificación inicial, e despois de nove xornadas rematou no segundo lugar con tan só unha derrota.

Artai Bringas proclamouse campión do III torneo festas de Goián, torneo celebrado a sete rondas con un tempo de 15 minutos, Artai rematou invicto con seis puntos e medio.

Por outra banda, a selección galega cadete da que formaban parte os laroqueiros Artai e Ana, remataron na quinta posición da xeral no campeonato de España por seleccións, neste campeonato destacar o gran papel da selección infantil que remataron na segunda praza.