Los bomberos de O Baixo Miño en una intervención en Tomiño

O comité de empresa do consorcio provincial de bombeiros de Pontevedra, UXT, CCOO, CIGA, SIBGAL., volve denunciar ante a inspección de traballo a Matinsa (FCC), á empresa concesionaria do servizo. Os traballadores a partir do 8 de agosto (data do comezo da folga provincial), comunicaronlle á empresa a negación para facer horas extras.

Segundo o comite, Matinsa obriga aos bombeiros a realizar horas extras (a pesar da negación por parte destes, de estar en folga, e a obrigación por parte do prego de condicións a ter trece traballadores en bolsa de empleo, o cal facilitaría a substitución das baixas).

Non lles basta, afirman, “coa obrigación, se non que non as paga como obrigatorias se non como voluntarias, sendo estas de menor contía. Doutra banda a empresa non está a dotar dos equipos de protección básicos para a realización de traballo esencial (como así obriga a prevención de riscos laborais, tamén é de obrigado cumprimento nos procedementos de traballo), como roupa de augas para traballos en situacións climatolóxicas adversas, chaquetilla para lumes forestais e outras pezas de parque como parca, xersei ou polar“.

Tamen indican que “isto implica que un bombeiro xa non pode traballar en incendios forestais nin traballos baixo choivas, reducindo a dotación a 2 efectivos, cando o mínimo esixido diario son 3. Tamén ter que soportar estar en camisetas de manga curta soportando as baixas temperaturas destes días“.

Asimesmo, expoñen que “a empresa unilateralmente cambia o horario de repartición de tarefas, recortando por exemplo, de 2 a 1 hora, o tempo que temos para comer. Tamén cambia as condicións de elección do calendario laboral, limitando considerablemente dereitos que levabamos anos facendo como elección da turnicidade por parte dos bombeiros, etc. Todo estas accións da empresa as realizan apenas unha semana despois de ser coñecedores da folga provincial, entendéndoa por parte do os traballadores como represalia”.

O comite indica tamén que Matinsa tampouco facilita información pedida pola parte sindical, como informes de mantementos de vehículos ou ferramentas hidráulicas.

Estas denuncias súmase aos 18 expedientes abertos por parte de inspección de traballo que ten a filial de FCC. A parte sindical, entende que Matinsa está a tocar fondo na súa nula xestión do servizo, e a dúbida que queda é:- ata cando se vai a soster isto?. Ata cando os veciños e traballadores van soportar isto?. A resposta tena Carmela Silva (presidenta da Deputación e do consorcio provincial da provincia de Pontevedra” finalizan.