Bombeiros Forestais de Galicia membros do SPIF (Servizo de Prevención de Incendios Forestais) desexan manifestar aos medios de comunicación e a opinión pública, a fonda preocupación e malestar, «ante a torpeza, miopía e o improvisado do proceso selectivo fixado para o mes de decembro».
Aseguran que aínda que leva xa semanas circulando un borrador da DXFP (Dirección Xeral de Función Pública), só houbo unha primeira reunión coas OOSS (organizacións sindicais) e aínda é preciso que haxa outra, no que se prevé o acordo da publicación das bases para o próximo mes de setembro. Apenas 3 meses para poder preparalo en condicións. Un proceso selectivo que afecta directamente a máis de 300 traballadores fixos-descontinuos do SPIF.
Setembro no peor da seca estival, no período habitual de máis alto perigo e risco de incendios forestais, cando o Servizo debe estar en alerta máxima, «pretendese oficializar e comunicar aos Bombeiros Forestais un proceso selectivo no que ou sacan a praza ou se quedan fora«, indican e matizan que «compre lanzar a seguinte reflexión á cidadanía: Como é posible que aínda nestes momentos non coñezamos o temario a preparar, nin a precisión exacta en prazos E queremos sinalar polo anterior ao respecto do proceso expor sobre as seguintes consideracións»:
- Compre lembrar que o groso destes Bombeiros Forestais traballaron en durísimas campañas no que vai de século: 2005, 2006, 2013, 2016, 2017 e 2022. Primeiro en pésimas condicións contractuais pola propia Xunta de Galicia ou as empresas da precariedade extrema nos incendios, coma Tragsa ou As boas condicións xeradas por anos de loita, reivindicación e sufrimento, consideramos, temos dereito a consolidalas.
- Polo anterior e desde o 2019 logo do “apocalíptico” 2017, ampliouse considerablemente o gasto (con fondos propios da Xunta e moitos, moitos chegados da UE) medraron os meses de contratación, melloráronse os medios técnicos, equipas e a formación no Servizo Coma consecuencia o corpo humano do SPIF mellorou en eficacia no combate dos incendios forestais por ser ademais profundos coñecedores do territorio, familiarizados cos medios, experimentados coas ferramentas e adaptados nas últimas tecnoloxías no combate dos incendios forestais. Non se pode depreciar e perder nada deste potencial capital humano.
- A ausencia dunhas merecidas garantías para un proceso que estes traballadores xustamente gañaron pondo en risco súas vidas (como non poucos que caeron na loita contra o lume) vese frustrado con este disparatado proceso Non ter recoñecido coma mérito preferente, a dilatada e experimentada traxectoria que hoxe unicamente pode ofrecer o paso polo escola do SPIF forzando con este proceso así como está e ven, a prescindir de valiosos efectivos. É un tiro no pé para a Consellaría Medio Rural en xeral e en particular para a Dirección Xeral de Montes.
- Este é un traballo moi difícil de alto risco. As previsións meteorolóxicas inmediatas prognostican, un final de xuño e primeira quincena de xullo non son nada boas e veremos para o resto do verán. Inmersos nun angustioso proceso selectivo estes Bombeiros Forestais non poderán estar centrados no combate do lume ao 100%. A inseguridade e a falta de perspectivas de futuro son malas compañeiras para o desenrolo positivo da nosa Por riba co reforzamento da mudanza climática cara temperaturas mais extremas e o estado dos nosos montes a carón de núcleos habitados, eleva potencialmente o risco de grandes e perigosos incendios forestais empeoran o panorama.
- Coma guinda para rematar, a esperpéntica proposta dunha proba física facéndoa puntúable é inadmisible para un traballador do SPIF (e calquera), cunha media de 50 anos. Poucos atletas olímpicos serian quen de camiñar (estilo marcha)sen correr, con 11 kg na costas en menos de 18 3200 metros. Isto traerá coma consecuencia moitas penalizacións e a expulsión do proceso. Ate o de agora era o lóxico: 3200 metros con 11kg nas espaldas en menos de 30 minutos, apto ou non apto.
Din que a modo de conclusión e por dignidade e xustiza «esiximos unha fonda revisión deste proceso, adiar os prazos razoablemente, establecer garantías de continuidade, xerar confianza, seguridade e motivar aos traballadores e todo para beneficio e ben do servizo público da sociedade galega que o paga e a que vocacionalmente nos debemos e entregamos».