ALFREDO

Nun comunicado de prensa, Bombeiros Forestais do SPIF da Xunta de Galicia, coma traballadores de alto risco (6 meses) queren denunciar ante a cidadanía galega, «a non incorporación dos case mil efectivos, este pasado mes de marzo, polas razóns que pasamos a xustificar e expor»:

Moi adiantada e de xeito moi perigosa, comeza a campaña incendiaria en Galicia neste 2023. Un inverno moi chuvioso fíxonos esquecer o infernal verán do ano pasado. Sen embargo tras un febreiro seco, o dramático incendio de Baleira con 1500 ha volta a ser o preludio dun verán de medo. O pasado xullo e agosto deunos aos galegos/as un aviso a navegantes de continuar con certas derivas erráticas nas políticas de montes en Galicia.

Precisamente logo do infernal verán que padecimos, galegas e galegos e pola evidencia e gravidade do momento que nos toca viver (mudanza climática, abandono no rural e o estado xeral maioritario dos nosos montes..), urximos á Consellería do Medio Rural, sen dilación algunha, empezar a realizar políticas preventivas serias a este respecto e evitar o acontecido no pasado 2022 ou situacións de emerxencia todavía peores (outubro 2017, Pedrogao..).

Para elo, na nosa condición de profesionais cualificados, formados tras numerosas campañas, lamentablemente, sempre en precario pero en primeira liña do lume, entendemos que compre:

  • A incorporación inmediata do conxunto dos efectivos de reforzo ás labouras preventivas. As repentinas mudanzas e empeoramento das condicións meteorolóxicas vainos obrigar, ademais a realizar xa, traballos de extinción
  • Para unha efectiva e necesaria práctica preventiva nos nosos montes e a gravidade que supón a proximidade deste a núcleos poboados, esiximos a ampliación xa, dos meses de traballo de 6 a 12 meses mediante modificación substancial de contrato ou formula que as partes conveñan o tempo indefinido que se precise. Os 6 meses (2 de prevención e 4 para extinción) están a ser unha dilapidación dos sagrados recursos públicos da cidadanía ao non poder facer unha política preventiva efectiva (é máis, case nin prevención se fai). Para empeorar o panorama, este ano cos sucesivos temporais deste inverno incorporouse un bó plus de biomasa nos nosos montes. A seguridade non é un privilexio, é un dereito que teñen todas/os galegas/os
  • Que se tire das listas do 2019, ate completar as brigadas na súa totalidade. Resulta inadmisible e resulta inoperativo, as brigadas incompletas en moitos casos, todo o verán (exemplo do 2022)

Firman o comunicado, David Motobomba, Sergio Xefe de Brigada, Luis Emisorista, Patricia e Xan Lois Bombeiros Forestais.