Mañá martes, 23 de abril, Día do Libro, está prevista unha actividade de bookcrossing no conxunto histórico de Tui ao longo de todo o día. Liberaranse polas distintas rúas libros de diferentes temáticas.
A partir das 11:00 horas, na Área Panorámica, con entrada pola porta 5, continúan as actividades infantís para nenos de 5 a 16 anos. Os cativos deseñarán, personalizarán e colorearán as súas propias chapas.
Mañá ás 16.30 horas, terá lugar a proxección da película “Bebé Jefazo”, dentro da programación de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.
Ás 17:00 horas, a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui actuará na Residencia San Telmo.
Na segunda xornada da XI Semana de Teatro Amado, ás 21:00 horas, no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui estrea a comedia “Nin fe nin café”. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 horas ao prezo de 1,5€.
Tui – Festas de San Telmo
Martes 23
- Todo o día, no conxunto histórico realización de bookcrossing co gallo do Día do Libro
- 11.00-13.00h No edificio daÁrea Panorámica (porta 12) actividades infantís *Entrada libre até completar capacidade.
- 16.30h-18.10h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil “Bebé jefazo” con En Un Tris Trás – *Entrada libre até completar capacidade.
- 17.00h-18.00h Na Residencia San Telmo actuación da Coral Centro Sociocomunitario de Tui.
- 21.00h-22.00h No Teatro Municipal XI Semana de Teatro Amador San Telmo co grupo de teatro Atalaia do Centro Social de Tui. Estrea de “Nin fe nin café” – Entrada 1,5 €.

