ALFREDO

Segundo o PP de Gondomar, a Deputación Provincial de Pontevedra concedeu o 11 de decembro de 2017 unha subvención ó concello para a mellora de accesibilidade á casa consistorial por un importe de 51.632,61euros(47.101 euros para a execución da obra e 4.531 euros para honorarios de redacción proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde).

As obras, din os populares, foron adxudicadas á empresa Braio multiservicios en abril de 2019, comezando a finais de maio coa modificación das escaleiras de acceso. En xuño a empresa construtora solicita unha prórroga para o remate da obra motivada polo mal tempo, sendo rexeitada pola alcaldía polo tipo de contrato asinado.

«O 17 de setembro de 2019, e por Decreto o Alcalde, solicitase o cambio de aplicación da subvención para a realización de obras de reforma interior da casa consistorial de Gondomar, argumentando o Sr. Alcalde que o facía debido a que a obra carecía do permiso de patrimonio. O Sr. Ferreira mentiu á Deputación Provincial de Pontevedra, porque a obra fora autorizada por Patrimonio con data 11 de setembro de 2018”, argumenta a voceira do PP gondomareño, Paula Bouzós.

«Nada se sabe como se resolveu o contrato adxudicado da mellora de accesibilidade á casa consistorial nin como se pagaron as obras de remodelación das escaleiras de acceso que era unha partida deste contrato», se pregunta Bouzós.

“O alcalde contrapón a reforma do seu despacho á necesidade de facilitar o acceso de persoas con problemas de mobilidade á casa do concello, que para nos é máis importante. Cremos máis necesario outro tipo de obras que veñen demandando os veciños”, apunta a voceira popular.

«Unha vez mais o goberno municipal actuou ás presas debido á proximidade da data límite para xustificar a subvención, rematando estas obras dúas semanas mais tarde do prazo concedido«, finaliza.