A candidatura de CABE (Gondomar Concello Aberto) prepara a sua campaña electoral e lembra á cidadanía que quere dar voz á veciñanza e lembrar que as parroquias tamén existen.

«Precísanse as aportaciones de todas as persoas, grupos e entidades para conseguir o Gondomar que queremos e sabemos posible cunha xestión diferente a que temos tido. Nesta lexislatura temos traballado arreo neste sentido e demostrado que esta é a nosa prioridade«, sinalan.

Compoñen esta candidatura: Eli Suárez, Jesús Araújo, Marila Suárez, Nuria Andión, Manuel Lemos, Fátima Rodríguez, Plácido Salgueiro, Olga López, Carlos Vidal, Modesto Ríal, Tareixa Otero, Andrés Vicente, Montserrat Barciela, Henrique Porto, Germán Pérez-Gandaras, Bieito Legaspi, Dolores Gesteira e como suplente Delvino Domínguez.