Bolos Celtas
CEDIDA // Bolos Celtas

Este fin de semana, celebrarase en Camos-Nigran o campionato intermodal galego de bolo celta do ano 2019.

O sábado, a partir das 10:00 horas, competiran 39 xogadores sénior, 7 veteranos e 13 mulleres das 4 provincias galegas, así como dous xogadores sénior e dáas mulleres da comunidade asturiana. Xogaranse nove modalidades diferentes de bolos que se practican o longo de toda a comunidade.

O domingo, a partires das 10:00 horas, xogarase o torneo de seleccións provinciais, no que participarán seis xogadores por selección, ademáis de o torneo de categorías inferiores, no que participarán 15 xogadores@s benxamíns, alevíns, infantis, cadetes e xuvenis.