A Casa da Comunidade de Montes de Camposancos acollerá este mes de maio diferentes actos para celebrar o Día das Letras Galegas.
Un mes que en Camposancos estará moi completo xa que outras asociacións se suman a organizar distintas actividades, «Camposancos é un pobo que promove a cultura».
Programación cultural na Casa de Montes de Camposancos, mes maio:
- Venres 16 de maio ás 18.00 h. Charla sobre «O Parkinson ‘
- Venres 16 de maio ás 20,00 h. «letras galegas»
- Xoves 22 de maio, presentación dun libro de Juan Carlos González.
O próximo día 16 ás seis da tarde, conferencia «Las enfermedades de Parkinson». Terá como poñente Dr. José Ramón Loenzo González, xefe do departamento de neuroloxía do Hospital Povisa.
O mesmo día 16 ás oito da tarde, co galo do Día das Letras Galegas, se proxectará o documental «Dorothé na vila», para de seguido actuar o grupo de Pandereteiras «Tremelique» do Rosal.
O vindeiro sábado 17 de maio, o Día das Letras Galegas, renderá homenaxe ao rico cancioneiro popular da nosa terra, personificado nas voces de Adolfina e Rosa Casás Rama, cantareiras de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, natural de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, as catro integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Tal como subliña a proposta aprobada, «a lingua galega mantívose viva e forte durante séculos, a pesar das prohibicións e da súa ausencia do ámbito oficial, grazas á custodia do pobo galego. En particular, as mulleres foron as grandes conservadoras da lingua, creando de xeito anónimo unha poesía popular transmitida nas cantigas de avoas a netas, de nais a fillas, e entre veciñas».
Nas últimas décadas do século XX, o exhaustivo traballo de recompilación e edición do Cancioneiro popular galego (Fundación Barrié), a obra magna do noso folclore, levado a cabo pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth (1944-2023) e o académico da Fonsagrada Antón Santamarina nos anos 80, permitiu identificar informantes como Adolfina Casás Rama (1912-2009) e Rosa Casás Rama (1913-2005), tía e sobriña naturais da Vila da Igrexa, na parroquia de Cerceda.
A Comunidade de Montes de Camposancos desexa unirse a esta celebración homenaxeando a estas cantareiras a través dun acto que terá lugar o venres 16 de maio, a partir das 20:00 horas. Durante o evento, proxectarase o documental «Dorothé na vila», de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, e a continuación, gozaremos da actuación do grupo de pandereteiras do Rosal, “Tremelique”.